ISTO SI É AMOR
O 14 de febreiro celebramos o día do amor, pero non só o amor de parella, se non o AMOR en todas as súas formas: amor á vida, a un mesmo, aos amigos, á familia, ou a calquera que necesita de nós. Por tanto, trátase de festexar un sentimento positivo de entrega de afecto, de ser solidarios, de compartir e que fai que sexamos mellores persoas.
A doazón de órganos é un acto de solidariedade, xenerosidade co que contribuimos a salvar e a mellorar a vida de persoas descoñecidas.
Neste día dos namorados como actividade incluida no noso Proxecta "TECENDO VIDA" que se está a levar a cabo no noso instituto, propuxémonos pór o noso grao de area creando un reto para deste xeito facer un pouco máis visible na nosa comunidade educativa a necesidade de ser doantes.
Así naceu #IstosíéAmor pois a doazón de órganos e tecidos é un dos actos de amor máis importantes e quizais tamén mais dificiles.
Cóma participar no reto?
No hall do instituto creouse un photocall para que a comunidade educativa do centro se achegue e se faga un selfie individual ou colectivo para posteriormente compartila nas redes sociais co hashtag #Istosiéamor e #somosdoantes poidendo ser no Facebook, Instagram ou Twitter, e etiquetando a familiares ou amigos declarando a intención de ser doante.
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.