SUMAN, SUMAN
Hoxe foi un día especial no noso centro pois David Gil veu poñer o seu grao de area dando visibilidade a unha enfermidade como é a Leucemia. A rapazada dos distintos cursos quedaron abraiados coas súas vivencias que contou en primeira persoa.
David comezou a súa charla contándonos como se embarcou neste fermoso proxecto. Quedou ben claro que se trata dunha persoa comprometida coa doazon de medula ósea, de feito representa á asociación FRANGIL e a todas as persoas que se soldiarizan coas enfermidades hematolóxicas para que todos aqueles enfermos que as padecen teñan unha nova oportunidade de saír adiante atopando un doante compatible.
Nesta visita contamos con Lucía Amoedo que contou en primeira persoa a súa experiencia persoal como transplantada.
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.