PRESENTACIÓN


 

 
Este curso 2021/22 no noso centro enrolámonos no Proxecta "Salvandovidas" ao que lle quixemos chamar "Tecendo vida"
 
 A nosa idea é sensibilizar e visibilizar a importancia da doazón na nosa comunidade educativa, xa que ademáis de dar unha nova vida a moita xente, trátase  dun acto xeneroso, altruista e desinteresado no que o traballo de moitos redunda nun gran beneficio para a sociedade.

Neste proxecta participan alumnos da ESO e Bacharelato, alumnos de ciclo de formación profesional da familia de Adminitrativo e alumnos da familia de Sanitaria do instituto. Pero ademáis gostaríanos ter aportacións mais alá da nosa comunidade educativa do noso centro (alumnado e profesorado), transformando o Proxecta nun traballo colaborativo e interxeneracional. É por iso que nos parece interesante a participación das persoas da terceira idade nesta iniciativa, visibilizando e poñendo en valor as súas aportacións, o seu tempo, os seus traballos colaborando canda nós fornecendo coa sua colaboración a educación en valores, entre outros, do noso alumnado a traves de este programa. 
 
Neste programa educativo tamén temos o apoio de organismos como o SERGAS e ADOS.
 
A longo deste curso imos desenvolver unha serie de actividades no IES Ricardo Mella que serán reflictidas neste blog. Esperamos que sexan do voso agrado e que vos poidan servir de inspiración á hora de propoñer o desenvolver algunha actividad relacionada coa Doazón de tecidos e órganos. 
 




Licencia Creative Commons
Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Publicacións populares deste blog

ISTO SI É AMOR

DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS E TECIDOS

mini TED TALKS SOLIDARIOS