Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

DÍA DOS NAMORADOS

Imaxe
 Aquí vos deixamos un petisco da participación do noso alumnado, profesorado e persoal non docente e que se atreverón a compartir un anaco do seu tempo con nos para conmemorar o día dos namorados, da amizade e de dar visibilidade ao amor que proxectamos aos nosos coa hagstag #ISTOSIÉAMOR   Salientar que o capricho do fado fixo que neste día tan especial, se desprazase ao noso instituto, a Unidade Móvil de Doazón de Sangue . Non foi un día moi solleiro para facer ringleira ao aire libre. Pero os nosos valientes alumnos estiveron aí apoiando a causa.

ISTO SI É AMOR

Imaxe
  O 14 de febreiro celebramos o día do amor, pero non só o amor de parella, se non o AMOR en todas as súas formas: amor á vida, a un mesmo, aos amigos, á familia, ou a calquera que necesita de nós. Por tanto, trátase de festexar un sentimento positivo de entrega de afecto, de ser solidarios, de compartir e que fai que sexamos mellores persoas.   A doazón de órganos é un acto de solidariedade, xenerosidade co que contribuimos a salvar e a mellorar a vida de persoas descoñecidas.   Neste día dos namorados como actividade incluida no noso Proxecta "TECENDO VIDA" que se está a levar a cabo no noso instituto, propuxémonos pór o noso grao de area creando un reto para deste xeito facer un pouco máis visible na nosa comunidade educativa a necesidade de ser doantes.  Así naceu  #IstosíéAmor  pois a doazón de órganos e tecidos é un dos actos de amor máis importantes e quizais tamén mais dificiles.     Cartel campaña ADOS  Cóma participar no reto?   No hall do instituto creouse un phot