Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

SUMAN, SUMAN

Imaxe
  Hoxe foi un día especial no noso centro pois David Gil veu poñer o seu grao de area dando visibilidade a unha enfermidade  como é a Leucemia. A rapazada dos distintos cursos quedaron abraiados coas súas vivencias que contou en primeira persoa.  David comezou a súa charla contándonos como se embarcou neste fermoso proxecto. Quedou ben claro que se trata dunha persoa comprometida  coa doazon de medula ósea, de feito representa á asociación FRANGIL e a todas as persoas que se soldiarizan coas enfermidades hematolóxicas para que todos aqueles enfermos que as padecen teñan unha nova oportunidade de saír adiante atopando un doante compatible.  Nesta visita contamos con Lucía Amoedo que contou en primeira persoa a súa experiencia persoal como transplantada.

PRESENTACIÓN

Imaxe
    Este curso 2021/22 no noso centro enrolámonos no Proxecta "Salvandovidas" ao que lle quixemos chamar "Tecendo vida" .     A nosa idea é sensibilizar e visibilizar a importancia da doazón na nosa comunidade educativa, xa que ademáis de dar unha nova vida a moita xente, trátase  dun acto xeneroso, altruista e desinteresado no que o traballo de moitos redunda nun gran beneficio para a sociedade. Neste proxecta participan alumnos da ESO e Bacharelato, alumnos de ciclo de formación profesional da familia de Adminitrativo e alumnos da familia de Sanitaria do instituto. Pero ademáis gostaríanos ter aportacións mais alá da nosa comunidade educativa do noso centro (alumnado e profesorado), transformando o Proxecta nun traballo colaborativo e interxeneracional. É por iso que nos parece interesante a participación das persoas da terceira idade nesta iniciativa, visibilizando e poñendo en valor as súas aportacións, o seu tempo, os seus traballos colaborando canda nós fornec